lunes, 14 de diciembre de 2015

Sesión 7

Na última sesión non toquei o ordenador xa que axudei na creación da reportaxe escrita, por iso lle deixei ordenandor a Antía para que empezara a facer as súas entradas cousa que non sei se fixo.

Reportaxe escrita

O pasado día 26 de novembro o noso grupo cooperativo visitou unha empresa en Vigo, Árbore, unha cooperativa de cosumo consciente que consta dunha tenda na rúa López Mora 30. Ás cinco e media nos dispoñíamos a entrar á tenda, falamos cunha señora que  era unha cooperante desta cooperativa. Tivemos que esperar a Cándido, outro cooperante, pero este era co que quedaramos. Tiñan moita variedade, e chamounos a atención uns dispensadores nos cales ti podías servir legumes e cereais a granel. 
Na entrevista descubrimos moitas curiosidades sobre a tenda, como que utiliza productos ecolóxicos, de comercio xusto e intenten optar por productos locais ainda que teñen algúns productores extranxeiros. 
Coma é unha empresa que adícase a vender a incluímos no sector servizos, do sector terciario, e para vender precisan de proveedores cos que levan moitos anos (15) convivindo, xa que comparten ideales semellantes. Tamén teñen colaboración con outras empresas, sobre todo cooperativas, coas que teñen acordos para potenciar modelos económicos. Árbore non pretende ser a tenda que máis vende, nin estar situada nun punto extratéxico, senon que coma tivo un comenzo de barrio, están orientados a vender neste. A día de hoxe, a cooperativa conta cun total de 3 traballadores, que tamén son os cooperantes, ainda que están en proceso de engadir a un 4º membro a súa comunidade, estes teñen un contrato indefinido na medida do posible. tamén contar con máis do que eles chaman 400 unidades de consumo, que son familias ou xente que vive xunta. Para mellorar as compras tentan comprar o maior volume posible e así poder negociar prezos. Contan con produtos de todo tipo: productos envasados, frescos, a granel... 2000 productos ditintos! Claro que non todos a vez. A pesares de ser de comercio xusto e produtos locais algúns destes conteñen aditivos químicos, aínda que no comercio ecolóxico só se poden usar poucos aditivos en comparación co comercio normal, outros moitos produtos tamén teñen gluten, pero están tenando diminuir o nivel de produtos aos que a xente pode ser alérxica. A súa data de maior explendor é no Nadal, ainda que non aumentan demasiado as ventas. 
A visita non foi como a esperabamos, pero aprendimos moito sobre outra proposta de consumo, o comercio xusto e ecolóxico.

Bibliografía:
A maior parte da información a sacamos da entrevista e o demáis foi información do seu blogueque está aquí: http://www.arbore.org/