jueves, 12 de noviembre de 2015

Modelo de solicitude

Este é un modelo de email que mandaremos a empresa que queiramos ir para solicitar unha entrevista.

Bos días:
Somos alumnos do Colexio Mª Auxiliadora Salesianos de Vigo de 3º da E.S.O. Estamos a realizar un proxecto inter disciplinar coas materias de Ciencias Sociais e Galego. O obxectivo deste é a realización dunha reportaxe ou entrevista nunha empresa en Vigo que sexa sustentable.
Escollimos a vosa empresa, Vigo recicla, porque opinamos que facedes un traballo de reciclaxe moi importante, xa que vos encargades, coa recollida selectiva de dar un montón de beneficios tanto económicos como mediambientais.
Gustaríanos reallizar unha visita a vosa empresa para poder obter máis información sobre o voso traballo. O noso obxectivo sería facer unha reportaxe a modo de entrevista grabando, sempre co voso permiso.


                  Atentamente
                              Os alumnos de 3º da E.S.O.

[Datos de contacto]

No hay comentarios:

Publicar un comentario